martes, 3 de abril de 2012

O carro e o home

Cando vos enviei o arquivo "Documentais", tiven un despiste e esquencime de poñer unha ligazón ao que se considera como un dos mellores documentais galegos de etnografía ou historia de Galicia. Un bó documental parte sempre dun conflito e o labor do creador é poñelo en evidencia e amosalo ao mundo. Mais tamén falamos do "documental poeta" que reinterpreta a realidade segundo a subxectividade do autor. Neste caso, asistimos a recreación dun "mundo perdido" -como as Fragas do Eume- que se agocha nas marabillosas e líricas imaxes desta "Biografía do carro" de gran valor estético e tamén emocional, filmado no verán de 1940 en Lobeira (Ourense). Botádelle un ollo, - son 10 minutiños de nada- sobre todo para refrescar a miña teima sobre o coidado no encadre e a composición. Deberíades de velo enteiro ata ise incrible plano final que semella sair dun filme de John Ford.


O Carro e o Home from Matugeno on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario