miércoles, 20 de junio de 2012

Moitas grazas a tod@s, artistas ¡

Tan só quería darvos a tod@s as grazas polo ben que o pasei convosco niste curso. Fixechedesme rir, pensar, traballar, preparar presentacións e subir videos ao noso canal como un poseso, mais sobre todo estouvos agradecido polo moito que aprendín de vos neste tempo. En serio, entre tod@s conseguíchedes que recapacitara moito sobre o cinema e a mocidade e ademais que lle dera moitas voltas á función do profesor, ao cómo dar clases nos tempos que vivimos..e iso sen contar a enerxía que me aportáchedes..... enfin que só podo darvos un plas, plas, plas colectivo a tod@s @s alumn@s de 1º de Bacharelato de Artes... Sodes uns artistas e síntome orgulloso de vos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario