Mostrando entradas con la etiqueta Cine en Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine en Galicia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de mayo de 2012

18 comidas

Como xa vos avisei na clase, o día 25 visitaranos a produtora Fernanda del Nido, unha das profesionais mais interesantes do cinema en Galicia e propietaria da produtora Tic-Tac- Podedes consultar a web aquí. Hoxe na TVG poñen o seu filme multipremiado en varios festivais "18 comidas", unha película que se rodou sen guión previo, mediante a improvisación dos actores e o director, Jorge Coira. Deberíades de vela para que podamos ter un coloquio interesante coa súa "artífice".. Aquí tedes o seu trailer 

martes, 3 de abril de 2012

O carro e o home

Cando vos enviei o arquivo "Documentais", tiven un despiste e esquencime de poñer unha ligazón ao que se considera como un dos mellores documentais galegos de etnografía ou historia de Galicia. Un bó documental parte sempre dun conflito e o labor do creador é poñelo en evidencia e amosalo ao mundo. Mais tamén falamos do "documental poeta" que reinterpreta a realidade segundo a subxectividade do autor. Neste caso, asistimos a recreación dun "mundo perdido" -como as Fragas do Eume- que se agocha nas marabillosas e líricas imaxes desta "Biografía do carro" de gran valor estético e tamén emocional, filmado no verán de 1940 en Lobeira (Ourense). Botádelle un ollo, - son 10 minutiños de nada- sobre todo para refrescar a miña teima sobre o coidado no encadre e a composición. Deberíades de velo enteiro ata ise incrible plano final que semella sair dun filme de John Ford.


O Carro e o Home from Matugeno on Vimeo.

viernes, 2 de diciembre de 2011

O pioneiro do cinema en Galicia

Dende hai anos ando na percura de pistas sobre a vida e obra do pioneiro do cinema en Galicia, José Gil.  @s que me coñecen ben  saben da miña teima sobre o personaxe, do que levo escrito  e falado dabondo en foros e publicacións diversas. Hoxe sae no xornal “El Pais” un artigo sintético sobre o grande fotógrafo e cineasta José Gil sustentado por  unha  entrevista que me fixeron a semán pasada. Considero que calquera creador audiovisual galego –e mais sendo alumnos de cultura audiovisual-  debería coñecer o seu nome e traxectoria, por iso traigo aquí a ligazón da do xornal, para que a leades..