sábado, 11 de febrero de 2012
Casi 800 curtas para ver dende casa
Como supoño (un supoñer, claro) que tod@s andades cavilando na práctica de continuidade -"de Griffith a Spielberg-, que tedes que realizar nos vindeiros días, considero oportuno que lle botedes un ollo a esta web. Nela tedes casi 800 curtametraxes de menos de 3 minutos participantes no mais veterano certame audiovisal na rede: NotodofilmFest. Hoxe xa é o festival de referenza en Internet. O prazo rematou o 31 de xaneiro pero podedes ver todas as curtas dende a vosa casa. Estou seguro que toparedes motivos, xeitos narrativos e ideas coas que construir o voso propio relato audiovisual. Aquí tedes a ligazón directa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario